sábado, 14 de mayo de 2016

SEMPRE GALIZA

Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.

E chegou a hora de depedirse, pero non sen antes dicirvos que é Galiza para mín e alí vou.

A primeira entrada que fixen neste curso foi que é Galiza para mín e nin sequera esta neste blog, a fixen unha folla ao azar antes da existencia deste blog, escribín Galiza máxica, das meigas... os típicos estereotipos que ten Galiza porque non coñecía ben a súa historia, pero neste curso aprendín moitas cousas sobre Galiza e a súa historia.

E empezamos, Que é Galiza señores? se cho pregunta alguén que non é galego non te vai entender xa que só non entendemos entre nosotros, pero bueno o vou a explicar para todo o world around the world.

Quen di que en Galiza non pasa nada é que non ten idea de Galiza xa que Galiza é misteriosa  pero cando buscas ahí o que encontras carall*, encontras cosas alucinantes, unha Galiza REBELDE que loitou sempre contra o rexime: un Porlier , un Mariscal Pardo de Cela, Un monte Medulio sempre fumos os que loitaron contra o rexime, botamos os franceses de Vigo, temos a sangre galega, non nos rendimos nunca e loitamos sempre, esa é a sangre galega.

Quen di Galiza máxica? Pois lle teño que dicir unha cousa, si, Galiza máxica, Galiza das meigas, Galiza da Santa Compaña, "San Andres de Teixido vai de morto que non vai de vivo" e sobre este tema tamén coñecen e nos  admiran Galiza e fai que VIVAMOS orgullosos das nosas lendas, e como o sei? a resposta

Quen di os romanos? Que carallo de romanos, en Galiza estamos os castexos que loitamos contra os romanos COMO os de Asterix e Obelix pero mellor aún, bueno non, pero nos suicidamos pola nosa terra como Deus manda.

Quen di a paella? Pero que paella home, aquí manda o cocido galego, o lacón con grelos, o polvo a galega home ponlle alí un pouco pimentón anda que non sinta mal, e temos aos mellores cociñeiros do mundo enteiro: Marcelo Tejedor en Santiago que irei un día a cenar, e todos os do Novo Grupo Gatronómico, calidade señores calidade.

E quen me dín de Becquer, Miguel Hernandez, Blas de Otero... E eses non son nada en comparación da gran Rosalia, Pondal, Curros, grandes rexionalistas e quen me dín da Xeración das Festas Minervais: Uxio Novoneyra, Bernandino Graña, Xohana Torres e o homenaxeado dentro de 3 dias  o gran Manuel María: o poeta da terra Chá , estes son os poetas grandes GALEGOS, e ahi maís home si hai máis.

Quen di o futuro? Futuro o de Galiza todos dín que imos perder a lingua, que vai ver menos habitantes etc etc, pois eu veño a decirvós que agora hai máis xente que fala porque o pon no meu libro de galego e punto e ademais dixen que cada vez hai máis xente que vai ao campo non a vivir, e que campo é mellor có de Galiza (Cobas) cas praias de Galiza (Cobas).

E que me dicen do deporte galego, temos ao racing en 2b, pero unha cuestión: a quen carallo lle importa o fútbol? os vou a dicir o que mola de verdade, o que mola de verdade é o surf, e aquí temos grandes campionatos como o Pantín Classic Pro, e grandes surfistas como por exemplo: Isa Gundi.... NON, aquí mando eu, si, eu son o mellor surfista do mundo. o que vai na praia de esmelle de pé na tabla cantando unha muiñeira porque? porque podo, os vascos fan moi ben surf non? Pero quen baila o "ai se eu te pego" na tabla de surf? ? Eu, asi que eu son o mellor e como son de Galiza, Galiza manda.

E quen me dín das xentes, dos monumentos, ole a catedral de Santiago de Compostela, e ole todo.

Bueno xa vós dixen moitas cousas de Galiza, non podo decirvós todo porque é imposible xa que Galiza é infinita, así que despidome dicindo que foi un pracer traballar neste blog e nesta asignatura onde divirtinme moito e onde o numerito non é o que mando, GRAZAS.

E XUNTANDO AS MAISCULAS DA ENTRADA PON: VIVAMOS COMO GALEGOS

E GRAZAS XD.



                                          
                                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario