domingo, 3 de abril de 2016

IMOS COMER!

Para rematar a cultura galega imos a falar dun tema que gustanos a todos que é a comida, obviamente ao ser un blog sobre Galiza imos a falar da gastronomia galega.

Para comezar vouvos decir os platos que son típicos de aquí, COMEZAMOS!



1. Caldo galego: como se me deu por facer unha entrada sobre a gastronomía, pois resulta que estaba eu comendo e pensando que entrada facer porque a verdade xa falei das cousas galegas que me gustan: o cómic, a música... entón dinme conta do que estaba comendo, e si era caldo galego polo tanto, dixen e porque non fago unha entrada sobre algo que nos gusta a todo, xa que pode haber xente que non lle guste o cómic ou o rock galego, así que decidinme por facer un recorrido por os platos salientables de Galiza, e asi empezou todo... Asi que falemos do caldo.

O caldo galego foi unha comida que dende pequeno non me gustou nunca, porque tiña moitas verduras e patacas cocidas así que tiñalle unha pouca de manía a esta comida, pero todo cambiou cando o comin nun bar que o seu nome descoñezo, e gustoume, quiteime a manía e a partires dese día o comín con moito gusto.

O caldo leva: fabas, o ingrediente que máis odiei de pequeno e que segueme sen gustar aunque cos demais ingredientes non se nota, como xa comentamos antes leva patacas cocidas, que misteriosamente co caldo volvense máis ricas xD, O alimento que esta en moia abundancia é o repolo e é a clave do plato, e o máis importante e o que lle da maxia ao plato, A CARNE, xa sexa ternera, o chorizo que ten que estar sempre para facer un bo caldo, e na miña casa poñemos tamén costilla de cerdo e lacón. Moi rico.



2. Cocido galego: bendito cocido, sen dúbida a miña comida galega favorita, se antes falabamos do caldo e que tiña moita verdura, por iso non me gustaba, o cocido (polo menos na miña casa) ten moitisima carne: lacón, polo,costilla de cerdo, chourizo... aunque non todo é carne xa que tenemos: patacas e repolo. A mezcla desa carne con o repolo e as patacas é indescriptible, é o mellor prato para comer nos domingos coa familia e é simplemente coller todos os ingredientes e poñerlos a cocer todos e ala, aqui tedes o cocido galego. Máis rico aún. (algúns lles poñen fabas, eu non porque fastidia o plato xD)



3. Polvo galego: (ou polvo a feira?)  este é o plato que máis coñecen os guiris, e os españoles que non son de Galiza, aquí destacamos polo marisco: xa sexa o polvo, as zamburiñas, os percebes... xa que estamos pegadiños ao mar e temos unha riqueza en todas as comidas que son de mar, e o resto de España non pode presumir do que ten Galiza, o polvo é a comida que se pide de entrantes típicos nos restaurantes, polo menos eu xD, esta comida é típica dos días de Feria en Galiza como a da Ascensión de Santiago de Compostela, ou a de Carballiño en Ourense que foi declarada de interés turístico internacional, pero a mellor sen dúbida (e cantas veces estou repetindo esta palabra) é a do restaurante Beceiro situado en Cobas (Ferrol) onde en xullo fan unha festa do pulpo e amenizanos grupiños de música ou incluso Santi Santos, o cantante dos Limones que viño a Cobas a cantar as súas cancións ( incluida a de Ferrol) e amenizounos a Festa do Polvo na miña terra.

Eu creo que non fai falta falar dos seus ingredientes xa que pareceme obvio, POLVO, xa esta acompañalo con pimentón e os sale un polvo a feira ( de p*** madre) perfecto.


E xa que falei dos Limones, que é un grupo galego, vos deixo a canción de FERROL

4. Lacón con grelos: comín lacón moitas veves, pero nunca comín grelos osea que non comín esta comida, fixen esta mención porque é un plato moi coñecido de Galiza, só iso, así que vos deixo unha imaxe desta comida que non comín xD.




5. Zamburiñas, navallas...: e para terminar vos falo doutras comidas galegas que pillen por alí que me gustan moito, as zamburiñas as como a cada restaurante que vou, é un entrante xa que é unha cousiña de nada nunha especie de concha, e outro entrante que son as navallas que probei fai pouco e que gustaronme moito, respecto a este plato tamén é un simple entrante, pero esta RIQUISIMO,,,,

(Zamburiñas)



(Navallas)

Despois de falas das comidas vos recomendo un restaurante que esta en Galiza e así fago un pouco de publicidade xD.


(Casa Pena)

Casa Pena: é o mellor restaurante ao que fun na miña vida,( é o edificio negro da imaxe xD) aquí eu empezei con uns entrantes: navallas, polvo, un pouco de zamburiñas, gastronomia galega en toda regla. E o plato que fai tan grande a este restaurante é o chuletón de boi ( sei que non é un palto galego pero o restaurante esta situado en Galiza osea que vale xD) simplemente vouvos deixar unhas imaxes deste boi...


Aquí o temos, si dante o boi totalmente crú, pero non hai problema porque isto é o divertido, Por que? basicamente porque te dan o instrumento pra que o fagas ao teu gusto, e neste imaxe vedes a maneira de facelo.



Ale dante esto é o fas ao teu gusto, a verdade é que é unha bonita experiencia.



( E se come nesta zona)

Cando acabei de comer, xa que estaba en Moeche paseime polo seu castelo, para rematar o día como Deus como Deus manda xD.



E con a miña recomendación de que vaiades a Moeche, polo seu restaurante e o seu castelo, despidome.

A verdade é que este tema foi bastante divertido, xa que en vez de investigar cousas; xa sexa castros ou as entradas da GALICIA REBELDE, nestas puiden falar do que me gusta: aínda que é de admitar que comezei frouxo porque falei da arquitectura ( e a verdade que non me gusta, pero non deixa se der un pequeno homenaxe ao señor Ucha xD) e seguimos co meu pasatempo favorito: o cómic, e tamén falamos da miña música favorita que ten moita relación con Galiza, e para rematar falamos da boa gastronomía galega, PERFECTO.

Vemonos na próxima semana na que cambiaremos de tema e desprazaremonos a Galiza en trinta anos, onde demostrarase a miña enorme imaxinación que é demasiada enorme (aunque terei que apoiarme en datos cientificos)

Bueno voume que hai derbi galego...






No hay comentarios:

Publicar un comentario