martes, 24 de noviembre de 2015

HISTORIA DA FAMILIA PÉREZ (Bisavó materno)

       


Chamábase Federico Pérez, nado en Ferrol, provincia da Coruña o 26 de novembro de 1896.
Casouse cando tiña máis de 40 anos cunha sobriña súa chamada Úrsula Petra,15 anos menor que el,  coa cal tivo un fillo, o meu avó Federico Pedro Juan e dúas fillas: unha chamada Teresa dos Anxos María e a outra María Luisa. ¡Ja jajá! vaia nomes.
Quedouse huérfano moi novo e era herdeiro dunha pequena fortuna que tiñan os seus pais en Neda da cal segundo di o meu avó case toda foi malgastada por un titor que levaba as contas da parte que lle correspondía da herdanza.
Aprendeu a profesión de ebanista, co seu traballo e o pouco que lle quedou da herdanza montou unha pequena empresa de carpintería situada na rúa María. Dedicábase a fabricar mobles e tamén os restauraba, segundo o meu avó Federico chegou a ter 25 empregados traballando para el.
Di o meu avó que antes da guerra civil a súa empresa estaba en auxe, o meu bisavó viaxaba por toda España facendo negocios e pasándoo ben, xa que segundo el gustáballe moito a festa.
Contoume que a súa empresa foi a encargada de que cando se celebrasen bailes dentro do teatro o chan elevásese e puxésese a nivel, porque normalmente, este tiña unha pequena inclinación desde a entrada ata o escenario, isto causou unha gran revolución nesa época.

Coa chegada da guerra civil, meu bisavó non era do bando nacional polo tanto fóronlle levando todo o que tiña na empresa e ata as xoias que tiñan en casa, salváronse algunha porque as escondeu a miña bisavoa Petra.

Morreu cando tiña 60 anos , deixando a miña bisavoa viúda, xoven e con tres fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario