domingo, 22 de noviembre de 2015

HISTORIA DA FAMILIA RÚA (Bisavó paterno)



Chamábase Vicente Rúa Montero, nado en Toques provincia da Coruña o 12 de xaneiro de 1894 Segundo cóntame o meu avó Jesús:
Era un agricultor que traballaba para o dono das terras e a casa onde Vivian (O Amo, así o chama o meu avó).Durante algúns anos compaxinaba o seu traballo co posto de concelleiro de obras públicas no concello de Toques.
Pasou os últimos anos da súa vida no barrio de San José Obreiro (Marón) vivindo co meu avó Jesús.
Casouse moi novo, e á súa muller Consolo Vázquez, coñeceuna pouco antes de casarse xa que era un matrimonio conveniencia arranxado polos pais dos noivos, di o meu avó que era un costume casarse desa forma neses lugares a principios do século XX.
Fixo o servizo militar no exército de terra durante case tres anos en Burgos segundo cóntanme. Era axudante dun coronel, creo máis ben que daquela época máis que axudante era un dos seus escravos.
Os meus bisavós tiveron 4 fillas e 11 fillos dos cales morreron 3 pouco tempo logo de nacer, supoño que iso era porque nacían en casa e non había ningún control médico.
Todos menos o meu avó Jesús cando viñan de cumprir o servizo militar íanse indo da casa paterna para emigrar a outros lugares para poder empezar as súas propias vidas.
O meu avó Jesús e a miña avóa Oliva quedáronse con eles e no boom da construción naval a principios dos setenta viñéronse a vivir a Ferrol traendo aos meus bisavós e aos seus tres fillos.

O meu pai dime que ten un grato recordo del porque era un home feliz e simpático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario