Chamábase Federico Pérez, nado en Ferrol, provincia da
Coruña o 26 de novembro de 1896.
Casouse cando tiña máis de 40 anos cunha sobriña súa chamada
Úrsula Petra,15 anos menor que el, coa
cal tivo un fillo, o meu avó Federico Pedro Juan e dúas fillas: unha chamada
Teresa dos Anxos María e a outra María Luisa. ¡Ja jajá! vaia nomes.
Quedouse huérfano moi novo e era herdeiro dunha pequena
fortuna que tiñan os seus pais en Neda da cal segundo di o meu avó case toda
foi malgastada por un titor que levaba as contas da parte que lle correspondía
da herdanza.
Aprendeu a profesión de ebanista, co seu traballo e o pouco
que lle quedou da herdanza montou unha pequena empresa de carpintería situada
na rúa María. Dedicábase a fabricar mobles e tamén os restauraba, segundo o meu
avó Federico chegou a ter 25 empregados traballando para el.
Di o meu avó que antes da guerra civil a súa empresa estaba
en auxe, o meu bisavó viaxaba por toda España facendo negocios e pasándoo ben,
xa que segundo el gustáballe moito a festa.

Coa chegada da guerra civil, meu bisavó non era do bando
nacional polo tanto fóronlle levando todo o que tiña na empresa e ata as xoias
que tiñan en casa, salváronse algunha porque as escondeu a miña bisavoa Petra.
Morreu cando tiña 60 anos , deixando a miña bisavoa viúda, xoven e con tres fillos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario