domingo, 13 de marzo de 2016

PEPE CARREIRO

Seguimos coa cultura galega e esta vez entramos na miña  temática favorita, o cómic.

Para empezar teño que dicir que eu levo consumindo cómic dende que teño uso de razón, aínda que o cómic occidental nunca me veu tanto (16 volumes de asterix e 6 de Mortadelo e Filemon, máis cómics soltos xD) me gustou máis dende sempre o cómic oriental e máis concretamente o de orixen do país nipon, xa que levo  vendo o seu "manga" e "anime" dende os 8 anos ata agora, osea que, antes de empezar coa temática galega, os recomendo algúns mangas xaponeses xD.




(Bleach, un dos mangas "grandes", gen: Shonen, Autor: Tite Kubo))



(Death note é unha obra de arte, gen:Seinen, Autor: Tsugumi Oba)



(Ao haru ride máis exito entre as mulleres gen:Shojo, Autora: Io Sakisaka)



(Ajin, terror, Autor: Gamon Sakurai)

Podería decir miles de exemplos pero como isto trata de Galicia mellor vou parando.

Estiven buscando na miña biblioteca personal cómics de  e  encontrei cómics galegos  e que absolutamente todos os que teño son do mesmo autor, , o autor dos que vou falar, como vedes no título, é o gran Pepe Carreiro.




Este home pertenceu a infancia de moitos de nós os galegos e é  conocido por ser o autor de "Os Bolechas" uns nenos que ensinabante a cruzar a rúa, entre máis cousas... pero non voume concentrar moito nesta obra xa que pareceme a menos relevante, dende o meu punto de vista, voume concentrar máis noutra obra que fixo el e que causou o meu amor ao castro de Baroña ( o primeiro castro que falei nos meus inicios) e fixome ir ao Porto do Son a velo. Esta obra é "Os Barbanzóns"



(Aquí tedes unha imaxe dos personaxes da obra: "Os Bolechas")

Imos a analizar as escasas obras que teño da serie "Os Barbanzons" tamén creo que Pepe non creou máis.

A primeira obra é:



Sei que non é a primeira pero é a primeira que tiven eu, enviaron a obra "Xabarin Club" así que moitas grazas a eles por ensinarme esta gran serie de Pepe Carreiro. Imos a ir analizando un pouquiño da obra: argumento, debuxo, personaxes...) iso si vai ser todo a miña maneira do que recordo eu da obra, así que vos recomendo ver a Wikipedia que seguro que o explicaran mellor ca eu xD.

Como se ve no título este cómic esta ambientado no samaín (da epoca dos castrexos claro) empezamos con nosos personaxes metidiños  nunha cova e teñen un problema; non teñen lume para poder ver e quentarse na cova, necesitan enviar a alguén a buscar o lume, o enviado vai ser: Bar, o gracioso da obra, este encontra o lume noutro castro e levaoo a Baroña, este castro enfandase e van a Baroña e incendian o castro, Baroña quedase sen nada pero reconstruyen todo o pobo en menos de 1 ano e cando chega o samaín o celebran por todo o alto pero acontence o problema de antes, quedanse sen lume volven a ir a por el e encontran un arbol xigante ( no outro castro evindentemente) o outro castro volvese a enfandar e vai coas armas de lume a volver a quemar o castro e os nosos castrexos de Baroña reponden lanzandoles o arbol xigante encima e os outros castrexos saen volando, Despois dito moita xente de outros castros veñen a Baroña con lume a celebrar o samaín e todo acaba ben.

Imos coa segunda obra, esta si que a comprei:



No Solpor da Prehistoria trata dun viaxe feito por "Os Barbanzóns" a Irlanda, a terra da esposa do protagonista, Guinnes, onde viven varias aventuras dende estar encarcelados en Irlanda ata apoialos nunha guerra... e aquí non vouvos contar máis para que os compredes o cómic ala.

O que si é que destacan dous personaxes neste cómic: Guiness, a esposa de Con, o protagonista, que volve a súa terra natal e encontrase con os seus familiares, o outro personaxe e Son, o fillo maior de Con e Guinnes, é un fillo revolucionario cunha mentalidade adelantada a súa época e en todas as obras da moita polémica, sobre todo na terceira e última que vou comentar.

Respecto ao paisaxe, é onde Pepe Carreiro innova máis respecto a súa obra anterior, xa que estaban sempre en Baroña, aquí viaxan en barco de Baroña a Irlanda e alí desplazanse moito, dende o carcere, casa de Guiness, pobo etc.

(A familia de Guinnes: "Os Moloney" ven dunha serie irlandesa de Eoin Barret)




(Aproveitando os ensino a última páxina, onde estan todos personaxes)

Imos coa última obra que tiven e a miña favorita isto é...



Esta, para mín, é a mellor obra que escribiu Pepe Carreiro e a mellor dos Barbanzóns obviamente.

"Os Bolechas" é unha obra enfocada principalmente aos nenos pequenos, cando leín: "Os Barbanzóns" de pequeno non entendín moitas cousas, sobre todo os monólogos revolucionarios de Son xD, esta obra é a o culme de Pepe é a defensa de Baroña por antonomasia e a miña favorita osea que imos alo.

En Baroña nunca houbo moita vixilancia pola noite, todos dormen placidamente e sen ningún problema, Con ao saber isto pide que os seus habitantes fagan garda por si acaso un castro inimigo os ataca, ao saber isto empezan a facer turnos de vixia pero, ninguén ven ao castro e deciden ir a atacar por eles mesmos, deciden que vaian os homes que máis sintan o sangre baroñés e eles se aprenden o himno e todo (despois volo poño) Son, o fillo revolucionario, non esta de acordo con ir a atacar a castros e o encarcerlan nunha casa... Despois disto van a atacar castros pero non encontran nada, solo unha casa chea de galiñas. Ao final despois de escalar tanto monte encontran unha casa bastante grande e deciden entrar a atacar, pero cando entran encontranse con un bar. Eles ante o suceso enfadanse e deciden atacar aos que estan no bar pero unha  "bailarina" que estaba alí, colapsa aos nosos castrexos e bueno, xa se saben o final... xD. Despois, pola mañá deciden volver ao castro e volver a ser felices sen vixilancia e sen nada.

O título da obra ven dado por que ao entrar no bar, e a todos sitios, gritaban sempre: BAROÑA OU MORTE!

Antes de analizar as diferenzas entre dous personaxes, deixovos o estribillo do himno de Baroña:

BAROÑA DEFENDEMOS

CONTRA O TORPE INVASOR

CO SANGUE, COA VIDA

CON FURIA E ARDOOOR.

Hermoso, verdade?

Bueno volvede arriba, onde puxen os personaxes se queredes saber como son:

O primero de eles é: Con, representa o amor por Baroña a tope e quere defendela contra os invasores, daria a morte por Baroña, o seguinte é Son: fillo revolucionario de Con, con ideoloxias pacifistas e anarquistas, por levar a contraria ao seu pai é encarcelado, ao final cando volven os guerreiros do bar liberan a Son.

Estiven mirando e parece ser que aínda saliu otra obra: A Noite das Cacharelas

Pepe Carreiro foi o único autor galego que leín,( xa vos dixen que prefiro o cómic nipon xD) poda que non sexa un Miguel Anxo Prado, pero estivo na infancia de todos os galegos e quería recoñecer as súas obras menos coñecidas, e que non pensen que so creou "Os Bolechas" (premios de Wikipedia,Foi 3º premio ex aequo con Xan González do Concurso nacional de contos infantís O Facho de Cómics para nenos no 1980, por A illa dos carballos. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.)

Sen dúbida esta entrada foi a miña favorita e a entrada na que máis me divertin facendola, xa que por unha vez poiden falar de algo que me gusta de verdade xD.

Moitas grazas por leer a miña entrada, lean os cómics de Pepe Carreiro ( e xa fora da temática galega os recomendo que os leades as novelas gráficas de Jun Maeda: especialmente Kanon e Clannad, tiña que decirlo)

Moitas grazas, E QUE VIVA O CÓMIC GALEGO!!!
















No hay comentarios:

Publicar un comentario