domingo, 7 de febrero de 2016

GALICIA VS FRANCIA (2 PARTE DA GALICIA REBELDE)

Antes estuvimos no Monte Medulio, vendo como Galicia resistiase aos romanos ata o final, ben, pois agora viaxamos ao século XIX a ver como Galicia vence a todo un país e orixina a Guerra da Indenpendencia, onde España (comezando por Galiza) consigue echar aos franceses.

Nestes tempos estaba gobernando un rei con pouco caracter político: Carlos IV, este rei tiña tan pouco caracter que lle deixou o seu cargo ao seu válido Manuel Godoy, unha persoa que orixinou o Motin de Aranxuez, asi que poderiamos decir que España non estaba moi ben.

No país de al lado, Francia, estaba acontecendo a Revolución Francesa, que terminou co Imperio Napoleónico, Napoleón era un tipo que quería gobernar toda Europa e expandeuse rapidamente, cando Napoleón intentou conquistar Portugal lle pediu a España poder pasar por as súas terras para poder acceder a Portugal, Francia ao ver a dificultade que estaba pasando España aproveitou para conquistala tamén e matar dous paxaros dun tiro. Aqui comeza a Guerra da Indenpendencia.

Os deixo por aquí unha imaxe de Carlos IV (rei de España) e Napoleón (O emperador de Francia que nos invadiu)



CARLOS IV O DE ARRIBA.



E este é Napoleon.

Ben, Francia invadiu rapidamente España, non tivo ningun problema, e chegou a Galiza no 1808 sen ningunha dificultade, tiñamos un exercito bastante novo e non estaba ao nivel dos franceses, que barreron os portos de Ferrol e Coruña sen dificultade.

Pero en 1809 Galicía volve a ser rebelde, Pablo Morillo un home que era capitán do exercito de voluntarios e que había conseguido moitos éxitos militares: sometendo a Colombia e Venezuela, decide loitar contra os franceses.



(Este é o Pablo Morillo)

Despoís dos nosos fracasos militares, Pablo Morillo decide formar un exercito, voluntarios que podian ser paisanos sen armamentos, basicamente, calquera voluntario para loitar contra os franceses. Chamaronse "División del Miño".

Despois disto aliouse con Cahamuiña que estaba tamen en Galiza, en Vigo intentando defenderse contra os franceses. E eles xuntos foron dispostos a loitar contra os franceses. Primeiro decidiron ir a Vigo, atacaron os galegos aos franceses e aos franceses escaparon a Pontevedra, pero bueno, Vigo estaba liberada.

Foron a cidade de Pontevedra onde refuxiaronse os franceses, e chegaron ao PUENTESAMPAYO, houbo 3 días de loita,, pero, ao final os galegos presionaron tanto aos franceses que Ney, marical francés que ocupou Galiza, mandou aos militares franceses que abandonaran a zona, e os galegos aproveitaron para matar aos soldados franceses rezagados, os franceses asustados pola gran presión de Galiza, vironse obrigados a abandonar Galiza en Xulio de 1809.

Os galegos expulsaron aos franceses da súa zona, e España lle foi seguindo ata que os franceses abandonaron toda España, eso sí, todo este movemento antifrancés comezou en Galiza, outro gran feito da GALIZA REBELDE.

(Para enterarme da historia leín unha noticia do Faro de Vigo e Wikipedia, a partir de eses datos, relatei os feitos según o meu punto de vista)

MOITAS GRAZAS, vemonos pronto con: GALICIA VS FERNANDO VII.












No hay comentarios:

Publicar un comentario