sábado, 19 de marzo de 2016

FINISTERRA (MAIS EXTRAS)

Non é que escoite moita música galega pero moitas veces a miña música ten  conexión con esta terra, Imos a falar do mellor grupo da historia xD, Mago de Oz e Finisterra.




Mago de Oz é un grupo de folk-metal madrileño: agora os preguntarede, e iso que ten que ver con Galicia!, ben pois ten un cancións dedicadas  a Galiza e algunha que outra canción en galego.

Aquí Finisterra:



Non fai falta ser moi listo para saber que este disco ten que ver con Galiza, xa que o seu título é unha zona de Galiza, Finisterra, vouvos deixar un imaxe de Finisterra e imos a analizar as cancións que teñen que ver sobre Galiza.



(Hermosa praia, verdade?, pois é a praia de Finisterra)

Comezamos coas cancións do disco que teñen que ver sobre Galiza:

1. O prólogo comeza xa falando de Finisterra, son unhas palabras que di un neno, e aqui veñen as suas palabras : Dicen, que de todos los animales de la Creación, el hombre es el único que bebe sin tener sed, come sin tener hambre y habla sin tener nada que decir... Por eso, es mejor forjar el alma, que amueblarla. Es el fin del camino, es Finisterra..."
Video do prólogo

2. La cruz de Santiago: esta canción é a diferenza en calidade de Mago de Oz (cando cantaba Jose Andrea, agora con Zeta están en decadencia) co resto dos grupos de rock de España, Conta a historia en que un peregrino dalle a Diego Cortés( personaxe do magnifico autor: Perez Reberte.) moedas para que o acompañe se vai con el a Santiago de Compostela,

Este fragmento da canción é incrible:

"Brilla la cruz de Santiago en su pecho,por el Sol su rostro jamas descubrió su nombre oculto"

Aqui vos deixo a gran canción:

Cruz de Santiago

3. El Señor de los Gramillos; como xa vos dixen este grupo é folk-metal que utiliza ritmos celtas, ben pois de momento está é a máis dura do disco e trata outra vez do Camiño de Santiago, esta vez fala que toda persoa que fai o Camino de Santiago encontranse co seu propio ser e ten que loitar contra a dureza física como la espiritual (como a tentación)

Ben, vouvos decir como antes miña parte favorita:

" Puedo hacer hablar a los grillos, soy el Señor de los gramillos, pronuncia las palabras mágicas y acudire"

Señor de los Gramillos

4. Ollo ao título desta canción: Polla dura no cree en dios (por favor non se ofendan os católicos, simplemente é o título da canción,xDBEN aclarado isto, imos a ver de que vai a canción: dous homes queren emigrar a Santiago pero deciden pararse na Rioja para emborracharse a base de viño, e alí estan 20 anos.

Polla dura no cree en Dios

5. A costa da morte: xa van 5 cancións e no mesmo disco que estan relacionadas con Galiza, a razón é que Txus, o bateria da banda encantalle Galiza e nela inspirase nas súas cancións, incluso cantan unha canción dun grupo galego como imos ver máis adiante, ben esta canción chamase, A costa da morte, é Finisterra, a verdade é que non creo que Wikipedia teña moita información xa que é só instrumental, pero si que ten esta é: un tio vai a costa da morte para encontrar o olvido pero primeiro se ten que encontrar a el.

Ao ser instrumental non os vou falar moito, xa que non falan xD, así que aquí vos deixo a canción:

A costa da morte

6. La Santa Compaña; pois vai sobre eses personaxes da mitoloxia galega,  pois son almas en pena que as doce da noite van as parroquias a decir quen vai morrer  Nesta canción, un peregrino ve a Santa Compaña e xa esta xD.

Sen dúbida a miña parte favorita desta canción é: OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO.

Aquí vos deixo a canción do OOOOOOOOOOOO xD, a Santa Compaña.

La Santa Compaña



( a procesión dos mortos, a Santa Compaña)

7. Conxuro; canción co título galego, outra canción na que so falan; é unha meiga que fala galego: dín que no Monte Gozo (atopase no Camiño de Santiago) unhas meigas danlle a un peregrino un brevaxe, Despoís disto estan toda a noite fornicando, xD.

O Conxuro

8.  Bueno a oitava canción é "A CANCIÓN" seguramente non oisteis de cancións que a súa duración superen os 10 minutos ben, pois este grupo teñen moitas , as máis largas son A cantata do diablo, 21 minutos, Atlantia. 19 minutos e esta Finisterra 15 minutos.

Que dicir desta canción, bueno primeiro decir de que vai gracias a miña amiga Wikipedia: A las puertas de Santiago y después de haber asesinado a Diego Cortés el diablo tiene una conversación con su homónimo: Dios. Más tarde y ya en la catedral, a los pies del apóstol deja su ofrenda: el cofre. En él y fruto de todo lo que ha visto y aprendido en el camino está lo que sin duda les atará a él para siempre: "el progreso". Y como símbolo de su poder y del ansia del hombre de ir contra-natura, un CD-ROM

"O finis, o terra, o finis, o terra!!!" Hai tantas partes desta canción que adoro, normal, é unha das miñas cancións favoritas de Mago,

Por fin te has decidido a venir. 
He oído tanto hablar de ti, 
en mis sueños te he visto llegar, 
en tus ojos veo el mal. 

Desde hace siglos gobernar has querido 
en todas las almas, y pocas han cedido, 
las más al Reino de Luz llegarán, 
las menos al Reino del Mar del Olvido. 

Si has aprendido la lección, 
si has observado como son, 
necesitan a un líder obedecer, 
hagamos una coalición. 

Este fragmento é a parte da canción na que Dios fai un pacto co Diablo, para poder parar o progreso que parou a iglesia desde fai moitos anos.

E tamén fala da actual igrexa, aquí se ve:


Buenos días boletines de información. Les habla su emisora "radio tus cojones". Sorprendido un político incapaz de engañar a un obispo no putero y pobre de verdad. Un documental ha sido líder de audiencia. Pepe a Marta no pega y la tiene en cuenta. Se llevan las gordas y la inteligencia . Ojala fuera verdad.

E aquí unha crítica a un par de dictadores:
No a las dictaduras, 
no a la impunidad, 
no al comercio injusto 
que explota al menor de edad 

Sí a las autocracias, 
sí a la libertad, 
el tercer mundo va a estallar. 

Juntemos las fuerzas 
para resistir a Pinochet en Chile, 
y en Chechenia a un tal Putin, 
levantaos en Bosnia, 
inmigrantes venid, 
el tercer mundo ya está aquí


A canción é unha xoia, a instrumental é incrible, tanto os guitarristas como o bateria saironse e a voz de Jose Andrea (o mellor cantante de toda España) saese,

Podería facer unha entrada de soamente esta canción, pero vou parando e deixo que interpretedes esta xoia do rock español e da música en xeral.

Finisterra

Deixovos a letra e a mirades, que non sei como arreglar uns falliños:LETRA FINISTERRA



Tiño que decir que pensaba cerrar pero como estoume a divertir vou a añadir máis cousas:

Outra canción de Mago e que ten que ver con Galiza é esta:

Memoria da Noite: é unha canción de Luar na Lubre versionada por Mago de Oz, esta canción trata o desastre do Prestige acontecido no 2002.

Luar na Lubre

Mago

Cal prefirides? Seguramente o de Luar na Lubre polas gaitas que representan Galiza.

Deixando a Mago a un lado teño que decirvos que non vou poñer cancións populares, tipo Rianxeira ou a canción da borracheira, basicamente porque non me gustan.


SEGUIMOS CO ROCK

E para finalizar esta gran entrada, vouvos falar dun grupo GALEGO, escoito moitos grupos galegos: Golpes Bajos, Siniestro Total, Os resentidos, Los Suaves...

Elixin falar dos Suaves, o meu grupo favorito de Galiza er basicamente porque aos outros fai moito tempo que non os escoito, xa que antes escoitaba moito rock galego e agora escoito máis española( xa sexa Mago, Tierra Santa, Warcry...u do extranseiro ( Bon Jovi, Iron Maiden, Dragon Force. Scorpions ( o meu favorito do extranseiro)

Ben, dito isto, Los Suaves:



Grupo de Ourense, galego de pura cepa, sabe Deus canto tempo levan tocando, vouvos deixar 2 cancións deles xa que se recomendo máis fago unha entrada demasiado larga e tampouco é plan.

1. Dolores se llamaba Lola. DOLORES LA MADRE QUE TE PARIOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO. Unha das cancións representativas deste grupo, unha canción motivante a tope, 1 2 3 YA!

2.Palabras para Julia ENTONCES SIEMPRE ACUERDATE DE LO QUE UN DIA YO ESCRIBI PENSANDO EN TI, PENSANDO EN TI. A miña canción favorita deste grupo, so vos recomendo que subades o volume  e disfrutedes do ROCK GALEGO.

E isto foi todo amigos, imos de ben a mellor, primero o cómic, o meu hobbie favorito e agora a música, falando da miña música favorita, mellor imposible.

Quedame por decirvos que escoitedes todas as cancións que vos recomendei ( que non foron pocas, creo que 11) e VIVA O ROCK GALEGO.
















domingo, 13 de marzo de 2016

PEPE CARREIRO

Seguimos coa cultura galega e esta vez entramos na miña  temática favorita, o cómic.

Para empezar teño que dicir que eu levo consumindo cómic dende que teño uso de razón, aínda que o cómic occidental nunca me veu tanto (16 volumes de asterix e 6 de Mortadelo e Filemon, máis cómics soltos xD) me gustou máis dende sempre o cómic oriental e máis concretamente o de orixen do país nipon, xa que levo  vendo o seu "manga" e "anime" dende os 8 anos ata agora, osea que, antes de empezar coa temática galega, os recomendo algúns mangas xaponeses xD.




(Bleach, un dos mangas "grandes", gen: Shonen, Autor: Tite Kubo))



(Death note é unha obra de arte, gen:Seinen, Autor: Tsugumi Oba)



(Ao haru ride máis exito entre as mulleres gen:Shojo, Autora: Io Sakisaka)



(Ajin, terror, Autor: Gamon Sakurai)

Podería decir miles de exemplos pero como isto trata de Galicia mellor vou parando.

Estiven buscando na miña biblioteca personal cómics de  e  encontrei cómics galegos  e que absolutamente todos os que teño son do mesmo autor, , o autor dos que vou falar, como vedes no título, é o gran Pepe Carreiro.




Este home pertenceu a infancia de moitos de nós os galegos e é  conocido por ser o autor de "Os Bolechas" uns nenos que ensinabante a cruzar a rúa, entre máis cousas... pero non voume concentrar moito nesta obra xa que pareceme a menos relevante, dende o meu punto de vista, voume concentrar máis noutra obra que fixo el e que causou o meu amor ao castro de Baroña ( o primeiro castro que falei nos meus inicios) e fixome ir ao Porto do Son a velo. Esta obra é "Os Barbanzóns"



(Aquí tedes unha imaxe dos personaxes da obra: "Os Bolechas")

Imos a analizar as escasas obras que teño da serie "Os Barbanzons" tamén creo que Pepe non creou máis.

A primeira obra é:



Sei que non é a primeira pero é a primeira que tiven eu, enviaron a obra "Xabarin Club" así que moitas grazas a eles por ensinarme esta gran serie de Pepe Carreiro. Imos a ir analizando un pouquiño da obra: argumento, debuxo, personaxes...) iso si vai ser todo a miña maneira do que recordo eu da obra, así que vos recomendo ver a Wikipedia que seguro que o explicaran mellor ca eu xD.

Como se ve no título este cómic esta ambientado no samaín (da epoca dos castrexos claro) empezamos con nosos personaxes metidiños  nunha cova e teñen un problema; non teñen lume para poder ver e quentarse na cova, necesitan enviar a alguén a buscar o lume, o enviado vai ser: Bar, o gracioso da obra, este encontra o lume noutro castro e levaoo a Baroña, este castro enfandase e van a Baroña e incendian o castro, Baroña quedase sen nada pero reconstruyen todo o pobo en menos de 1 ano e cando chega o samaín o celebran por todo o alto pero acontence o problema de antes, quedanse sen lume volven a ir a por el e encontran un arbol xigante ( no outro castro evindentemente) o outro castro volvese a enfandar e vai coas armas de lume a volver a quemar o castro e os nosos castrexos de Baroña reponden lanzandoles o arbol xigante encima e os outros castrexos saen volando, Despois dito moita xente de outros castros veñen a Baroña con lume a celebrar o samaín e todo acaba ben.

Imos coa segunda obra, esta si que a comprei:



No Solpor da Prehistoria trata dun viaxe feito por "Os Barbanzóns" a Irlanda, a terra da esposa do protagonista, Guinnes, onde viven varias aventuras dende estar encarcelados en Irlanda ata apoialos nunha guerra... e aquí non vouvos contar máis para que os compredes o cómic ala.

O que si é que destacan dous personaxes neste cómic: Guiness, a esposa de Con, o protagonista, que volve a súa terra natal e encontrase con os seus familiares, o outro personaxe e Son, o fillo maior de Con e Guinnes, é un fillo revolucionario cunha mentalidade adelantada a súa época e en todas as obras da moita polémica, sobre todo na terceira e última que vou comentar.

Respecto ao paisaxe, é onde Pepe Carreiro innova máis respecto a súa obra anterior, xa que estaban sempre en Baroña, aquí viaxan en barco de Baroña a Irlanda e alí desplazanse moito, dende o carcere, casa de Guiness, pobo etc.

(A familia de Guinnes: "Os Moloney" ven dunha serie irlandesa de Eoin Barret)




(Aproveitando os ensino a última páxina, onde estan todos personaxes)

Imos coa última obra que tiven e a miña favorita isto é...



Esta, para mín, é a mellor obra que escribiu Pepe Carreiro e a mellor dos Barbanzóns obviamente.

"Os Bolechas" é unha obra enfocada principalmente aos nenos pequenos, cando leín: "Os Barbanzóns" de pequeno non entendín moitas cousas, sobre todo os monólogos revolucionarios de Son xD, esta obra é a o culme de Pepe é a defensa de Baroña por antonomasia e a miña favorita osea que imos alo.

En Baroña nunca houbo moita vixilancia pola noite, todos dormen placidamente e sen ningún problema, Con ao saber isto pide que os seus habitantes fagan garda por si acaso un castro inimigo os ataca, ao saber isto empezan a facer turnos de vixia pero, ninguén ven ao castro e deciden ir a atacar por eles mesmos, deciden que vaian os homes que máis sintan o sangre baroñés e eles se aprenden o himno e todo (despois volo poño) Son, o fillo revolucionario, non esta de acordo con ir a atacar a castros e o encarcerlan nunha casa... Despois disto van a atacar castros pero non encontran nada, solo unha casa chea de galiñas. Ao final despois de escalar tanto monte encontran unha casa bastante grande e deciden entrar a atacar, pero cando entran encontranse con un bar. Eles ante o suceso enfadanse e deciden atacar aos que estan no bar pero unha  "bailarina" que estaba alí, colapsa aos nosos castrexos e bueno, xa se saben o final... xD. Despois, pola mañá deciden volver ao castro e volver a ser felices sen vixilancia e sen nada.

O título da obra ven dado por que ao entrar no bar, e a todos sitios, gritaban sempre: BAROÑA OU MORTE!

Antes de analizar as diferenzas entre dous personaxes, deixovos o estribillo do himno de Baroña:

BAROÑA DEFENDEMOS

CONTRA O TORPE INVASOR

CO SANGUE, COA VIDA

CON FURIA E ARDOOOR.

Hermoso, verdade?

Bueno volvede arriba, onde puxen os personaxes se queredes saber como son:

O primero de eles é: Con, representa o amor por Baroña a tope e quere defendela contra os invasores, daria a morte por Baroña, o seguinte é Son: fillo revolucionario de Con, con ideoloxias pacifistas e anarquistas, por levar a contraria ao seu pai é encarcelado, ao final cando volven os guerreiros do bar liberan a Son.

Estiven mirando e parece ser que aínda saliu otra obra: A Noite das Cacharelas

Pepe Carreiro foi o único autor galego que leín,( xa vos dixen que prefiro o cómic nipon xD) poda que non sexa un Miguel Anxo Prado, pero estivo na infancia de todos os galegos e quería recoñecer as súas obras menos coñecidas, e que non pensen que so creou "Os Bolechas" (premios de Wikipedia,Foi 3º premio ex aequo con Xan González do Concurso nacional de contos infantís O Facho de Cómics para nenos no 1980, por A illa dos carballos. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da AELG.)

Sen dúbida esta entrada foi a miña favorita e a entrada na que máis me divertin facendola, xa que por unha vez poiden falar de algo que me gusta de verdade xD.

Moitas grazas por leer a miña entrada, lean os cómics de Pepe Carreiro ( e xa fora da temática galega os recomendo que os leades as novelas gráficas de Jun Maeda: especialmente Kanon e Clannad, tiña que decirlo)

Moitas grazas, E QUE VIVA O CÓMIC GALEGO!!!
















domingo, 6 de marzo de 2016

RODOLFO UCHA

Comezamos co tema da cultura galega e hoxe falaremos do tema da arquitectura, un dos mellores arquitectos de toda Galicia señores, o seu nome é Rodolfo Ucha, COMEZAMOS!

Vou a introducir este tema cunha pequena biografia de este personaxe que representa a arquitectura galega.


Rodolfo Ucha naceu en Vigo,pero estudia a carreira de arquitectura en Madrid, na "Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, onde cursa varias materias (cursa del 1897-1898), ao salir da universidade continua estudando en Madrid e unha curiosidade, foi amigo dos políticos da época: José Canalejas e Sagasta, recibiu unha solicitude para traballaren madrid,rechazaá e despois recibe unha solicitude para traballar en Ferrol e a acepta, de alí en adelante traballa en toda Galicia, pasando por Sevilla tamén, Traballou para a municipal, para a marina e incluso para hacienda. Un icono da cultura galega.

Agora aqui tedes unha listaxe das súas sacadas de Wikipedia :), e despois vou a comentar as que máis me gustan, obviamente as que son da miña zona.


  • Fonda Suiza (actual Hotel Suizo), 1910.
  • Casa Romero, 1910. (encargo personal del en aquel tiempo Teniente Romero de Ferrol)
  • Pescadería de Abastos Municipais, 1910.
  • Edificio de El Correo Gallego1912.
  • Casa Pereiro1912.
  • Casa Rodríquez1912.
  • Casa Brañas1913.
  • Hotel Suizo, 1913.
  • Hotel Ideal1917.
  • Chalet de D. Emilio Antón Iboleón1918.
  • Casino de Ferrol1921.
  • Fachada del Teatro Jofre, 1921.
  • Edificio Pita Saavedra1939.
  • Edificio Calvo Formoso, 1939

Bueno, imos comezar coa obra que máis me gusta, e eu creo que é a máis representativa de este arquitecto modernista, esta obra e o "Teatro Jofre"


A comentala a miña maneira eh, imos ver, esta obra sitúase en Ferrol, cerquiña da Plaza de Armas e como xa dixen é o Teatro Jofre, onde ten lugar pezas teatrais, Nesta obra Rodolfo Ucha utiliza o pórtico de arcos escarzanos que estan apoyados sobre columnas jónicas adosadas a la pared,nos capiteles, se non sodes moi formados en arte é o que esta encima das columnas (para máis claridade mirade na Wikipedia) temos as famosas mascaras que,representan a comedia e a traxedia.

Ferrol Rua Igrexa_Mercado Peixe_2013

Isto que vedes agora é  a pescadería de Ferrol e sitúase de novo en Ferrol, no barrio da Magdalena, aquí se ve algo raro dado que aunque é modernista podemos observar un Monumentalismo bastante considerable, por abaixo deixovos o plano que fixo Rodolfo Ucha desta obra.

Pescaderia Ferrol 1910

Para rematar de falarvos de Rodolfo Ucha mostrovos unha terceira obra de el.

(Edificio El Correo Gallego, 1912)

Oseñor que introduciu o modernismo en Galicia e llenou Ferrol de grandes obras, sen ningunha dúbida é un gran representante da CULTURA GALEGA. RODOLFO UCHA.

POSDATA(ou como se escriba) encontrei un tour por Ferrol onde apreciase moi ben as obras de Rodolfo Ucha, aquí volo deixo. video, coa musica dos Limones, ao mellor fago unha entrada deles falando da sua... esa é outra historia.

sábado, 5 de marzo de 2016

Volvemos a cambiar de tema

Esta vez vouvos ensinar elementos representantes da cultura galega, empezaremos coa arquitectura e despois meteremonos noutros elementos, Preparadevos que mañá comezamos.

sábado, 20 de febrero de 2016

Mariscal Pardo de Cela

Seino, gustame moito viaxar no tempo sen orden, primeiro: na época dos romanos, despois a Pepe Botella e Felipe VII e agora Pardo de Cela.

A verdade dínme conta que faltame a Idade Media por tratar, xa que xa tratei a Idade Antiga e a Idade Comtemporanea, (sei que non tratei a Idade Moderna por tratar así que esa afirmación no é del todo certa xD)

o tema da GALICIA REBELDE que imos tratar hoxe será o último tema e trata sobre: O MARISCAL PARDO DE CELA.



Este home que vedes na imaxe é o mariscal Pardo de Cela, o último señor feudal de Galiza, agora vouvos contar un pouco a súa historia...

Pardo de Cela era un pequeno noble que foi avanzando pouco pouco na escala social, casouse con Isabel Perez Osorio, e como agasallo da súa boda, o obispo Pedro Rodriguez fixolle un bonito agasallo: nada máis e nada menos que todas a rentas do obispado, é decir moitos Castelos de Galiza.
(tamen o da Frouxeira)

Datas claves; no 1445 morre o obispo xa comentado anteriormente e  no 1474 Pardo de Cela é nombrado mariscal, alcanza entón máis poder político.

Pero as alegrías acabaronse e no ano 1476 os Reis Católicos, xa chegados ao poder, queren dominar a súa zona e destituen ao mariscal para que os reis controlen toda Galicia,




(estes son os Reis Católicos: Isabel de Castela e Fernando de Aragón.

Ante este feito, o marical Pardo de Cela decide refuxiarse no castelo da Frouxeira, pero xunto con outros dous Pedros: Bolaño e outro chamado Miranda,  conseguen unha importante victoria contras as tropas españolas de Fernando de Azuña que foron enviadas por os Reis Católicos, era a primeira victoria do mariscal contra os reis católicos...

Seguian resistindo na fortaleza da Frouxeira, os homes do Mariscal Pardo de Cela estaban debilitados e non saben si podían aguantar máis. Pardo de Cela decide facer unha breve saída da fortaleza e deixa ao seu mando ao Falo de Valadouro, (creo que escribese asi xD) este home deixouse vender...

O capitan Mudarra soubo que Pardo de Cela se fora da fortaleza e aproveitou para negociar co Falo de Valadouro que sobornou cunhas moedas e demais si abandonara a fortaleza, este sabendo que non iban a aguantar moito tempo máis, afirmou e deixou que os homes dos Reis Católicos entraran na fortaleza , o mariscal estaba perdido...



(estes son restos da fortaleza que os homes dos Reis Católicos arrasaron)

Mudarra encontrou ao mariscal e o arrestou, Fernando de Acuña, o gobernador de Galiza según os Reis Católicos,  decidiu condear a morte ao mariscal (aunque non foi consultado por os Reis Católicos) polo tanto a súa muller, Isabel de Castro, correu a ver aos Reis Católicos e informoulles da orde non consultado por eles, os Reis aceptaron o perdón real, Isabel foi correndo a mostrarlle o perdón real aos que ían executar o marical pero, unhas xentes aliadas co obispo de Mondoñedo, que era enemigo do mariscal, a reteron no "Puente del Pasatiempo" e non poido avanzar Isabel, mataron ao mariscal Pardo de Cela, e xa está os Reis Catolicos habían dominado Galiza.




("Puente del Pasatiempo")

Esta historía do mariscal Pardo de Cela é unha lenda e houbo moitas discusións sobre este personaxe importante da Historia de Galiza, aqui unha posible verdade do ABC.

E aquí deixovos un video que conta a historia de Pardo de Cela.

E isto é todo sobre a temática de GALIZA REBELDE.

MOITAS GRAZAS.





martes, 16 de febrero de 2016

UNHA CURIOSIDADE...

Resulta que estaba eu navegando pola Internet cando encontrei unha curiosidade que ten bastante que ver co tema que estamos a tratar:

Primero, os propoño unha cousa, a ver si sabedes o tema principal desta canción ao escoitala..,

O tema ten que ver coa GALIZA REBELDE, e trata o tema NUNCA MÁIS, que aconteceu co afundimento do Prestige (un barco petroleiro) que ao mellor é o seguinte tema que trato aunque o  Mariscal Pardo de Cela chámame bastante a atención. Xa verei.


Volvendo a canción, "Memoria da noite" feita por o grupo galego "Lúar na Lubre" tivo moito exito e foi versionada por moitos grupos, entre eles o grupo de rock español:"Mago de Oz", a canción oficial do NUNCA MÁIS, sen ningunha dúbida.

domingo, 7 de febrero de 2016

Galicia vs Fernando VII (GALICIA REBELDE PARTE 3)

Bueno imos a finalizar a Galicia Rebelde e vamonos ir a unha época relativamente cercana con respecto a anterior entrada. Isto é Galicia vs Fernando VII.



Este home con cara de superioridade é o peor monarca da nosa historia,cando terminou a Guerra de Indenpendencia (orixinada en Galiza) echaron a Pepe Botella e meteron a este monarca español que era fillo de Carlos IV, En Cádiz habían creado una constitución e este home non lle fixo caso a Constitución de 1812 e gobernou con man de ferro, un periodo absolutista onde España perdeu gran parte do seu Imperio en America, xa que todas as colonias se revelaron contra el.

Fernando VII gobernou nun Sexenio Absolutista (1814-1820) este década estuvo chea de suiblevacións contra o absolutismo deste monarca, ao final a de Riego no 1820 deu resultado e empezou o Trienio Liberal que foi rematado no 1823 por a Santa Alianza e a volta de Fernando VII terminando na decada Ominosa.

Vaia os acabo de contar gran parte de historia de España non? Non vos preocupedes que agora mesmo entramos en Galiza...

Estamos no 1815 en pleno Sexenio Absolutista e o personaxe desta historia e o señor Juan Diaz Porlier, este home participou na Guerra da Independencia, este home non é español, nin moito menos galego, naceu na Cartagena das Indias e loitou como xa dixen na Guerra da Independencia. Ao rematar esta el creía que iban a ir pola via constitucional pero non foi así, Fernando VII gobernou de forma absoluta e Juan Porlier enfadouse e fixo cartas en contra do absolutismo e un dos seus amanuenses descubriu estas cartas e  as enviou a os absolutistas (creo) por lo que o encarcelaron ao descubrir o seu  sentimiento liberal.


1 año despois de cumplir condena Porlier ideou un plan para pronunciar en contra do absolutismo, para iso tivo que codearse con persoas de ideoloxia liberal e encontrou a Andres Rojo del Cañizal e eles xuntos idearon un plan de pronunciamiento...

O 19 de Septembro Porlier entra en Coruña a 1 da mañá cos seus homes e consigue dominar toda a zona incluso conseguiu deter ao capitán xeneral desa zona, acto seguido proclama a Constitución de 1812, e sí, PORLIER O CONSEGIU! Coruña era liberal.



(Esta é a bandera de Coruña)

Había que expandir a Constitución do 12 e a liberalización por Galiza e en Ferrol xa se consiguiu xa que tamén houbo un pronunciamiento a favor da constitución e da libertade.

Pero... Santiago xa había tomado cartas no asunto, os absolutistas fixeron unha reunión en Santiago para parar a Porlier e a seu rexime liberal, había que paralo sexa como sexa porque si Galiza volvese liberal poderia ser o inicio da liberación de España (como na Guerra da Independencia)

(22 de Septembro) Resulta que Porlier tomou a decisión de atacar Santiago e expandir aínda máis a súa ideoloxía liberal pero como estaba escurecendo decidiu acampar, ISTO E MOI CONFUSO, ATENCIÓN! Resulta que sucedeu algo extraño, nas unidades de Porlier había unha unidade que tiña a ideoloxía absolutista e lle dixo aos seus líderes que non merecía a pena seguir loitando, os lideres convenceronse e Porlier quedouse sen apoio, Los de Santiago (aos absolutistas) detuvieron a Porlier e as súas tropas e Porlier al perder tantos apoios non poido reaccionar, PORLIER PERDEU.

Porlier foi detido na Carcel Real da Coruña e morreu no 1815. Sen haber conseguido volver a Galiza liberal.




(Estatua de Juan Diaz Porlier, na Coruña)

Sei que esta historia non tivo final feliz pero iso non significa que Galicia se revelase contra o sistema, hai feitos felices (Guerra da Independencia) e hai finales triste (esta historia)

O que quixen dicir con estas entradas é que Galiza non foi un lugar que non pasou nada, xa que ten moitos feitos que crearon unha nova Galiza: A GALIZA REBELDE. E non só os 3 feitos que contei hai máis, un moi recente, no 2002 O PRESTIGE, e moitos máis sen dúbida GALIZA É REBELDE.

MOITAS GRAZAS.