martes, 24 de noviembre de 2015

HISTORIA DA FAMILIA PÉREZ (Bisavó materno)

       


Chamábase Federico Pérez, nado en Ferrol, provincia da Coruña o 26 de novembro de 1896.
Casouse cando tiña máis de 40 anos cunha sobriña súa chamada Úrsula Petra,15 anos menor que el,  coa cal tivo un fillo, o meu avó Federico Pedro Juan e dúas fillas: unha chamada Teresa dos Anxos María e a outra María Luisa. ¡Ja jajá! vaia nomes.
Quedouse huérfano moi novo e era herdeiro dunha pequena fortuna que tiñan os seus pais en Neda da cal segundo di o meu avó case toda foi malgastada por un titor que levaba as contas da parte que lle correspondía da herdanza.
Aprendeu a profesión de ebanista, co seu traballo e o pouco que lle quedou da herdanza montou unha pequena empresa de carpintería situada na rúa María. Dedicábase a fabricar mobles e tamén os restauraba, segundo o meu avó Federico chegou a ter 25 empregados traballando para el.
Di o meu avó que antes da guerra civil a súa empresa estaba en auxe, o meu bisavó viaxaba por toda España facendo negocios e pasándoo ben, xa que segundo el gustáballe moito a festa.
Contoume que a súa empresa foi a encargada de que cando se celebrasen bailes dentro do teatro o chan elevásese e puxésese a nivel, porque normalmente, este tiña unha pequena inclinación desde a entrada ata o escenario, isto causou unha gran revolución nesa época.

Coa chegada da guerra civil, meu bisavó non era do bando nacional polo tanto fóronlle levando todo o que tiña na empresa e ata as xoias que tiñan en casa, salváronse algunha porque as escondeu a miña bisavoa Petra.

Morreu cando tiña 60 anos , deixando a miña bisavoa viúda, xoven e con tres fillos.

domingo, 22 de noviembre de 2015

HISTORIA DA FAMILIA RÚA (Bisavó paterno)



Chamábase Vicente Rúa Montero, nado en Toques provincia da Coruña o 12 de xaneiro de 1894 Segundo cóntame o meu avó Jesús:
Era un agricultor que traballaba para o dono das terras e a casa onde Vivian (O Amo, así o chama o meu avó).Durante algúns anos compaxinaba o seu traballo co posto de concelleiro de obras públicas no concello de Toques.
Pasou os últimos anos da súa vida no barrio de San José Obreiro (Marón) vivindo co meu avó Jesús.
Casouse moi novo, e á súa muller Consolo Vázquez, coñeceuna pouco antes de casarse xa que era un matrimonio conveniencia arranxado polos pais dos noivos, di o meu avó que era un costume casarse desa forma neses lugares a principios do século XX.
Fixo o servizo militar no exército de terra durante case tres anos en Burgos segundo cóntanme. Era axudante dun coronel, creo máis ben que daquela época máis que axudante era un dos seus escravos.
Os meus bisavós tiveron 4 fillas e 11 fillos dos cales morreron 3 pouco tempo logo de nacer, supoño que iso era porque nacían en casa e non había ningún control médico.
Todos menos o meu avó Jesús cando viñan de cumprir o servizo militar íanse indo da casa paterna para emigrar a outros lugares para poder empezar as súas propias vidas.
O meu avó Jesús e a miña avóa Oliva quedáronse con eles e no boom da construción naval a principios dos setenta viñéronse a vivir a Ferrol traendo aos meus bisavós e aos seus tres fillos.

O meu pai dime que ten un grato recordo del porque era un home feliz e simpático.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Castro de Santa Tecla, CONCLUSION DOS CASTROS.

Este é o último castro que vou a presentar pero esto non se acaba aquí, xa que na seguinte entrada nos adentraremos no seculo XXI.






O castro do que os veño a falar hoxe é o castro de Santa Tecla.








Este castro é impresionante: fermoso, perfectamente restaurado. O que máis me asombrou foi a vivenda que se pode apreciar, comprobei que a vivenda é una restauración xa que, era imposible que aguantase así durante tanto tempo.


Este castro esta situado a unha gran altura, 341 m de altitud, no monte de Santa Tecla, na  provincia de Pontevedra, é un dos castros que para min mellor se han restaurado, fíjense nas imaxes que os vou a mostrar a continuación comprobar a gran restauración que se fixo do castro.



Son moitisimas estructuras redondeadas perfectamente, se pode comprobar que no pasado habitó unha gran población de castrexos, además para volvelo mas hermoso este castro, esta situado xunto a desembocadura do rio Miño, o gran río de Galicia, é  tanto su interés que foi declarado monumento histórico Artístico nacional. Polo tanto moitos turistas veñen a visítalo.


IMAXES ASOMBROSAS DESTE CASTRO:












Vídeo (vista del castro desde un dron):https://www.youtube.com/watch?v=LZMWTE7EEYk


UBICACIÓN CONCRETA DEL CASTRO.





Con isto terminei a miña aportación sobre os castros de Galicía, o pasado das nosas terras, os habitantes que viviron aquí hace moitisimos anos, os mouros: o noso pasado. Toda esta máxica cultura é absorbida polos romanos e quedamos ROMANIZANDONOS. Pero sempre quedará o pasado onde Galicía foi única.